Home / Novas / Deportes / O Concello invita aos ferroláns a seguir
O Concello invita aos ferroláns a seguir os partidos do Mundial de Fútbol dende unha pantalla xigante nas Prazas de España e de Amboage
• Xunto á pantalla, o Concello habilitará barras para a súa explotación comercial por parte dos hosteleiros do centro
O Concello de Ferrol invita á cidadanía a seguir en directo os partidos da selección española de fútbol dende a Praza de España. Para isto, o concelleiro de Deportes e Participación Cidadá, Manuel Santiago, anunciou esta mañá a instalación dunha pantalla xigante de alta definición e sistemas de megafonía sobre unha plataforma móbil. Así, dende hoxe mesmo, os ferroláns e as ferrolás poderán seguir os partidos do Mundial de Sudáfrica neste espazo central para a cidadanía. Segundo explicou Santiago, o goberno local socialista pon en marcha esta iniciativa xunto ao Centro Comercial Aberto A Magdalena-ACOF e a Asociación de Hostelería de Ferrolterra, Eume e Ortegal, tras recibir numerosas peticións cidadás e co obxetivo de dinamizar o centro da cidade.
A pantalla xigante ten unhas medidas de 5,40 metros de ancho por 4,20 metros de alto e permanecerá na Praza de España dende hoxe mesmo e ata o próximo venres. A partir desta data e ata o luns, reubicarase na Praza de Amboage. En torno a ela, Manuel Santiago informou de que o Concello instalará unha serie de barras que porá a disposición dos hosteleiros para que as exploten comercialmente. Hoxe arrancan as emisións co partido das 20,30 horas, que enfrontará en octavos de final ás seleccións de Brasil e Chile. Se a tecnoloxía o permite, as retransmisións xa comezarían ás 16 horas, co partido entre Holanda e Eslovaquia. E, mañá, entra en xogo a Roja. A selección española disputará ante Portugal o seu pase a cuartos. Será a partires das 20,30 horas, aínda que antes, xa dende as seis, os ferroláns e as ferrolás poderán achegarse ata a Praza de España para participar nalgunha actividade paralela. Entre estas, e aqueles que o desexen, poderán pintarse coas cores da selección e recoller bandeirolas para animar a España.
Aínda que mércores e xoves non hai partidos de Mundial, a pantalla continuará emitindo dende a Praza de España, aínda que outros contidos como vídeos sobre Ferrol e as súas potencialidades e música para acompañar a actividade das barras que explotarán os hosteleiros. O obxetivo, dar un novo argumento á cidadanía para achegarse a este espazo emblemático da cidade. Venres, sábado, domingo e luns o equipo trasladaráse á Praza de Amboage, dende onde se retransmitirán os partidos do Mundial. Por isto, Manuel Santiago fixo un chamamento á cidadanía para seguir dende un e outro escenario o Mundial e, dende Ferrol, dar ánimos á selección no seu camiño cara o título.
Calendario:
OITAVOS PRAZA DE ESPAÑA
| | LUNS
| 16,00 h.
| Holanda-Eslovaquia
| 20,30 h.
| Brasil-Chile
| MARTES
| 16 h.
| Paraguay-Japón
| 20,30 h.
| ESPAÑA-Portugal
| | | | |
CUARTOS PRAZA DE AMBOAGE
| | VENRES
| 16,00 h.
| Uruguay-Ghana
| 16,00 h.
| Gañador do encontro entre Holanda e Eslovaquia contra gañador do partido entre Brasil e Chile
| SÁBADO
| 16 h.
| Alemania-Argentina
| 20,30 h.
| Gañador do partido entre Paraguay-Japón contra gañador partido entre España e Portugal
|
|
|
|
|
|